viernes, 22 de diciembre de 2023

Entrevista Metal Nostrum: DIOIVO

En la tertulia Metal Nostrum de hoy tenemos a Jacobo Mouriño y a  Dani Valladares, guitarra y batería respectivamente del dúo Dioivo para hablar de la presentación que el próximo Sábado día 23 de diciembre del 2023 en la sala Transylvania de su nuevo trabajo discográfico ‘Cara os Ceios Incrementes’


Para quien no os conozca, ¿cómo podríamos definir ‘Dioivo’ musicalmente hablando?

 Jacobo: Dioivo un dúo de metal en lingua galega, Sobre todo baseándonos en xéneros como como black metal melódico o thrash, pero a verdade é que os principais elementos conectores de toda a discográfica son eses,somos guitarra, batería e voz cantando en galego e facendo un pouco o que nos apetece según do momento. Eso creo que pode ser a mellor definición.

 ¿Qué significa Dioivo?

 Dani: Dioivo é unha palabra que literalmente significa algo parecido a diluvio en galego é unha palabra que si que hoxe en día está un pouco en desuso, pero é unha das moitas palabras, máis de cen, que existen en galego para referirse a chuvia e significa unha chuvia forte, un diluvio en castelán. E eliximos o nome un principalmente porque nos gustaba a os dous, estaba en galego, estaba sen coller. Evocanos aquí a Galicia e as nosas raíces, unha conexión coas letras que cantamos. En función de todos estes factores decidimos poñerlle este nome ao grupo.

 Bonito, a min gústame moito o nome a verdade é que si…

 Jacobo: un pouco difícil de pronunciar ás veces, teñen nos chamados de todo pero sí, bonito é. E diferente, é un nome bonito para o grupo…

¿Cuándo se conocen Dani y Jacobo, en que momento deciden montar un proyecto musical juntos?

Jacobo: Coñecémonos de toda a vida, dende os catro anos, de estar no colexio xuntos mínimo...

Dani: Xa coincidiramos previamente na gardaría…

Jacobo: hai unha foto como testemuña diso e todo, é de moi lonxe, fomos ao mesmo cole ata os 16 anos, nos que cambei de instituto, pero mantivemos a nosa amizade, o mesmo grupo de amigos. Temos unha paixón común, entón non foi raro. Penso que foi a partir da ESO, que empezamos a empezamos a falar máis de música, éramos os dous metalerillos, e empezamos a tocar xuntos, pouco a pouco…

Dani: Ir a concertos…

Jacobo: Dani empezou primeiro nun grupo en ‘Rust in Peace’, ao que eu acabeime unindo xa tempo despois en 2014, esa foi basicamente a semente de Dioivo como grupo.

¿En ese momento empezáis a hacer música juntos?

Jacobo: xa tocáramos algunha vez xuntos no colexio en algunha función escolar…

Dani: Esa é a época na íamos a casa da xuventude a ensaiar, cando eu estaba con ‘Rust in Peace’. ensaiaba con eles os sábados e con Jacobo os venres, pero non foi ata que conseguimos unha formación seria ata que se deron as condiciones para que el entrara en la banda, o guitarrista que estaba marchou, e Jacobo ocupou o seu lugar durante un par de anos, ata que a banda se desfixo.

Dentro de los distintos géneros de la música  metal, ¿cuál pensáis que encaja mejor con vuestro trabajo?  

Jacobo: eu penso que de dicir un seria ‘Black Metal’ porque foi o estilo noso. Si que empezamos facendo o ‘Black Metal Melódico’ máis típico, influído por todas estas bandas suecas e norueguesas dos 90. Pouco a pouco empezamos a meter outras influencias e o mellor, o noso estilo está máis afastado que un ‘Black Metal’ canónico, puro. É seguro que hai moita xente que xa non diría que somos ‘Black Metal’, pero, segue sendo a base principal da música da banda.

La siguiente pregunta puede resultar obvia, ¿Por qué un dúo? ¿Nunca considerasteis la posibilidad de ser una banda tradicional que incluyese un bajista?

Dani: ¿Por que no? (sonríe) Ao principio si. Nos presentamos a un concurso musicalizando a Rosalía de Castro e decidimos presentarnos nos os dous. Ao principio cando empezamos a compoñer, a tocar, a dar bolos en directo, sí que o barallamos, pero ao ver que ía todo ben, que algúns dos temores que tiñamos a nivel de directo se disiparon, pois dixemos, vamos a seguir así porque é xa é moito máis fácil entre os dous, é moito máis áxil, apañámonos, gústanos o que facemos así tal como está, e se vai todo ben e non hai grandes inconvintes, imos a manter o formato de dúo.

Dani: Nos antes tocábamos con ‘Rust in Peace’, era un formato de catro con un baixista, unha grande baixista por certo. Ao principio era jodido sobre todo nos directos a carencia de baixo se nota, ata que te acostumas. Ao principio costa, de notas a carencia, a veces escoitas mal, tes que estar moi atento para non perderte, tocar de memoria. Ao principio foi un cambio, pero un cambio a mellor. Agora ao revés, cando tocábamos con baixo resulta raro.

Hablemos ahora de lo que será la noche del próximo sábado día 23 de diciembre, en la presentación de ‘Cara os Ceos Incrementes’, en algunas pinceladas que nos podéis decir de los grupos que os acompañarán, Mortal Maze y Karracho.

Jacobo: Mortal Maze é unha banda segoviana. Tocamos con eles en 2018, coincidimos con eles nun festival que de feito montan eles mesmos en Segovia que se chama Mortal Festival, nun centro social chulísimo que se chama La Chatarrería. No seu momento, en 2018, chamáronos para tocar alí, a verdade que foi unha pasada de experiencia, foi unha das primeiras veces que saíamos fora, foi ademais para tocar con moitas bandas moi chulas, tiñamos pendente devolverlles ese favor, traelos para tocar aquí a Vigo, nunca tocaron aquí antes, e nos pareceu unha oportunidade cara a axuda de volver a compartir escenario con eles, que é unha banda de thrash, speed metal, cojonuda.

‘Karracho’, é unha banda de punk rock, unha banda guapísima, ademais é unha das bandas máis novas que coñecemos aquí en Vigo. botábamos de menos que a nova xeración de músicos de dezaoito anos, como a idade que tiñamos nos cando empezamos Dioivo, a veces votábamos menos grupos así, e da gusto ver que seguen saíndo, que dan tanta caña, queríamos tocar con eles e a verdade que temos moitas ganas de compartir escenario. Eles tamén teñen unha formación pouco frecuente, eles son batería, baixo e saxofón. A verdade e que é un rollo súper curioso que temos moitísimas ganas de compartir táboas con eles.

¿Más o menos cuanto tempo lleváis juntos?

Jacobo: Como grupo como grupo levamos dende xaneiro 2016 e tocando xuntos un montón de anos.

A parte del trabajo que presentáis ¿qué más discos tenéis?

Jacobo: Sacamos o noso primeiro EP no 2016,  autoeditado e homónimo, logo o rebautizamos como de ‘Dioivo 1’. Despois sacamos o álbum ‘Diovo 2’, temos outro EP chamado ‘Dioivo 3’, iso xunto con Carlos Tellos, é un dos nosos traballos principais. Ademais sacamos varias maquetas, sinxelos, participamos en recompilacións. A verdade que nos gusta ser prolíficos, para o que levamos temos sacado bastante cousa

Y acerca de las sorpresas que venís anunciando que se producirán, que nos podéis decir si es que se puede hacer.

Dani: Claro, en concreto, o sábado si que van a ser colaboracións da escena viguesa. Cando presentamos ‘Dioivo 2’ fixemos a proba de convidar a amigos de outras bandas a cantar e a tocar temas nosos que íamos a presentar, e foi unha experiencia súper chula, a nivel de compartir, de crear irmandade, de crear escena. Gardamos unhas gratas lembranzas, daquela foi moi ben. De Cando en vez procuramos tirar o desafío con colaboracións novas. Durante a semana pasada fomos anunciando en redes a xente que nos vai a acompañar esa noite, van a ser oito colaboracións, dúas delas aínda non están anunciadas, que se todo vai ben será mañá. Hai xente de todo tipo, Belice que cantou en ‘Sunset’, tamén imos ter a Dani Suengas de Atreides, a Fabio de ‘Infrahumano’, de ‘Sulfatar’ vai vir o baixista David, Jorge Skenn de ‘Mileth’ e ‘Her Anxiety’ e Aida ‘Her Anxiety’…

Un pequeño guiño al RC Celta con ese himno que os habéis marcado, En septiembre de 2023 publicáis ‘Por 100 anos máis’, dedicado al club y a su afición con motivo del centenario del club, ¿Cómo surge esa idea? Y que repercusión ha tenido…

Jacobo: Sí, a verdade e que é un tema do que do que estamos bastante orgullosos. Sobre todo porque ademais é nun rollo un pouco distinto,  é un tema así bastante melódico polo menos para o que é o noso rollo, quixemos que fose cantable. Penso que a acollida foi moi positiva sobre todo porque ademais escoitounos moita xente que o mellor non era fan nosa, pero como seguía o Celta, xa que fixeron esta canción, que era a ocasión do centenario e demais, a verdade que a acollida foi bastante boa a verdade. O vídeo clip foi moi ben, nunca tiveramos tantas visitas en tan pouco tempo, por iso a verdade que ben. De feito onte saíu no Telexornal o vídeo clip anunciando o concerto.

Venís de actuar por Madrid, Palma, Coruña, Salceda, quitando las últimas, como es actuar fuera de Galicia para un grupo como el vuestro. 

Dani: Foi unha experiencia moi de puta madre, tivemos poucas oportunidades de ir fora de Galicia ata este Novembro estiveramos antes en Euskadi, en Segovia, pero aproveitando que presentábamos disco, nos chamaron de Mallorca para participar na cuarta edición do ‘Extreme Division’, que é un festi moi guapo que montan alí na illa. Aproveitando iso, movemos fíos para intentar montar un concerto en Madrid a noite anterior, e foi una finde incrible, tocamos con ‘Helix Nebula’ e con ‘Southgate’ nunha sala de concertos pequeniña de Carabanchel e o día seguinte estivemos nese festival en Mallorca, que foi coma o día e a noite, o antro de toda a vida para montar concertos, e un festival grande, nunha discoteca enorme, unha infraestrutura incrible, con bandazas, dos pisos, un montón de xente. Tivemos moi bo feedback, xente moi agradecida, gustou moito. Nunca tiveramos unha experiencia así de ir fora da Galicia como señoritos, en avión, con hotel, a xente pedindo fotos, autógrafos en discos...  A verdade é que foi unha cuestión inesquecible.

¿Cómo veis que aceptan vuestra original propuesta? ¿Consideráis que os aceptaron bien a propuesta que proponéis?

Jacobo: Si, era curioso porque a verdade que cando mirabas dende o escenario xente parecía como seria, estaba así como mirando a ver que... carallo fan estes dous. Logo baixamos do escenario e todo mundo: xenial, non sei que... É unha cosa que pasa bastante no mundo do Black Metal e o metal extremo, que a xente parece que non se move moito nos concertos. Cando tiñamos o grupiño de Thrash, entre que éramos chavalins e viñan os nosos colegas, sempre se movían aí... Pero dende que facemos Black Metal o público é moito máis paradiño. Non sei por que, porque a música segue sendo cañeira, é un fenómeno estudiar.

¿Tenéis ya planeadas más fechas en lo que queda del año y para el 2024? Como se presenta el futuro.

Dani: Do que queda de ano, pouco queda aparte deste sábado. Este ano cerrámolo esperemos que pola porta grande no Transylvania este sábado. E logo vamos a descansar. Vamos a estar un mes sen bolos, ata febreiro, que temos o seguinte. Estamos planificando as nosas datas para ano que ven, para despois de febreiro. Tocar onde podamos, coma sempre. Estamos a ver se podemos volver a saír de Galicia. Todo o que podamos. Sempre nos apuntamos a un bombardeiro. Sempre que podamos, adoitamos a dicir que si. As nosas pretensións son seguir aproveitando o principio do ano que ven para tocar todo o que podamos.

 sea que se presenta completito o 24 de actividad.

Dani: esperemos que sí.

Vamos a hablar ahora del disco, ¿Qué nos podéis comentar acerca del álbum, que nos podemos encontrar?

Jacobo: O novo disco é un pouco peculiar porque seguimos un pouco a liña que xa fixeramos no EP ‘Dioivo 3’, e que tamén se escoitou nos sinxelos que sacamos tanto en 2021 da ‘Retorno a Tagen Ata’ como en 2022 o ‘Adaís da Nova Galicia’, que aínda que forman parte, deste novo CD, pois os sacamos anteriormente, como son adaptacións de obras literarias, pois, un sacamos aproveitando o 50 aniversario da obra, da novela ‘Retorno a Tagen Ata’, e outro lanzamos en 2022 cando foi o Día das Letras Galegas de autor do poema Florencio Delgado Gurriaran, falo de ‘Adaís da Nova Galicia’. Nos sempre estamos intentando meter influencias novas, facer un pouco o que nos motive en ese momento, o que nos xurda. Sobre todo estamos aquí para divertirnos e para facer o que nos gusta. Aínda que a base do Black Metal melódico está aí, pois quizás sexa máis melódico aínda, máis lento, porque a verdade é que nosotros sempre fomos sacar así temas rápidos, thrasheros, pero este disco é un pouco máis lento. De feito hai un tema que é ‘Cabeiros’ que é metal basicamente, é o tema que máis sae da tónica do disco. A verdade que é un disco, en xeral, con máis partes lentas, con cancións longas. é unha faceta.

Que podemos esperar de este nuevo álbum, ¿es continuista con el disco anterior que habéis hecho (DIOIVO II) en 2019? o en este ‘Cara os ceios’ Incrementes vamos a encontrar una evolución en cuanto al sonido de la banda y la utilización de algunos instrumentos que no son tradicionalmente metaleros….

Jacobo: O dos instrumentos sempre nos gustou facelo. Sempre, dende o primeiro EP, gustounos incluír, por exemplo, interludios de guitarra clásica, porque foi como aprendín a tocar eu guitarra. Tamén, ao ser un dúo, ser solo dous instrumentos, tamén nos gustou usar a guitarra eléctrica de doce cordas, que o mellor non é tan común escoitala distorsionada, pero é un xeito de encher un pouco máis o son. Iso sigue aí o Dioivo II, pero partindo dos estilos de sempre, incorporando influencias máis novas, riffs máis procedentes dos estilos novos, como Doom Metal ou cancións máis longas. Nunca sacamos un disco de exactamente o mesmo estilo que o anterior. Sempre nos gusta variar un pouco para non aburrirnos.

¿Dónde se puede adquirir y si está en plataformas?

Dani:  Pódese escoitar en todas as plataformas, en Youtube, en Spotify, en Google, está tamén en Bandcamp para escoitar e para descargar, incluso podese encargar físicamente en varias tendas de Vigo, en Pickup, en Honky Tonk, en Metrópolis tamén, e na páxina da nosa discográfica, Sleaszy Rider Records. Nos veremos de seguir ampliando as plataformas de distribución.


¿Actualmente estáis con Sleaszy Rider Records que es la compañía con la sacáis el nuevo disco, como se produce ese cambio y por qué?

Jacobo: Antes sacamos outros discos cun selo estatal que se chama ‘Darkwoods’, co que tamén estamos súper contentos e moi agradecidos por toda a axuda que nos fixo, é un selo cojonudo, que ten unhas bandas tremendas, pero si que é certo que un selo máis Doom Black, que aposta máis polo Black Metal máis típico, quizá máis canónico, que quizais si que é certo que este álbum ao mellor si que saíu un pouco dos estilos cos que adoitan traballar eles, optamos por buscar unha discográfica, máis que nada por consultar a ver se alguén podía estar interesado. A verdade que nos pareceu que este selo grego parecía interesado no disco, ofreceu-nos unhas condicións que nos gustaban, e así xurdiu.

Por aquí, por Vigo, xa editaran con eles unha banda que ademais nos mola moito, que é ‘Dantalion’, e a verdade que nos falaron ben deles, así que, tiñamos boas referencias.

También incluye una versión  ‘Unha de guerra’, del desaparecido grupo vigués ‘Desvirgheitors’, en este caso por qué decidís hacer una versión de esta canción.

Jacobo: Falounos Óscar, de ‘Barbarian Prophecies’, cun proxecto que tiña el que era facer unha recompilación de tributo con versión de bandas galegas desaparecidas, para lanzalo no día das letras galegas. De feito, así saíu, chámase ‘Ferro e Pedra’, e xa saíu nas letras galegas deste ano, 2023. A idea era que cada banda, das dez bandas galegas que participamos,  fixese unha versión dun grupo da nosa zona, e neste caso da zona de Vigo, que xa non existira e que fora influínte. E a verdade é que ‘Desvirgheitors’ molábanos moito xa empezou sendo unha banda de hardcore punk puro a principios dos 90 empezaron a meter tamén elementos de metal, sobre todo de crossover thrash metal. Foi unha banda pioneira en cantar en galego. Nos parecía moi acaído facer unha versión deste ‘Unha de Guerra’, un tema súper guapo do seu LP, homónimo, e ademais falamos con Pili, a baixista da banda, que tamén é unha música pioneira na nosa cidade, e ofreceuse a colaborar connosco. A verdade é que foi unha honra, quedamos moi contentos con o resultado.

A propósito das letras ¿Quién se encarga de las letras o lo concebís entre ambos?

Jacobo: Hai que dicir que moitas das cancións que facemos son adaptacións literarias, aí non escribimos nos as letras, as adaptamos un pouquiño, pero polo xeral as letras que non son de adaptacións, fágoas eu, tamén hai algunha a Dani, por exemplo, a do Celta é parte del...

¿Siempre en Gallego?

Jacobo: Si.

¿Cómo surge esta idea y os ha causado algún rechazo fuera de Galicia?

Dani: Nunca tivemos ningún tipo de problema ao respecto, máis ben ao contrario. Decidimos crear a banda coa escusa de presentarnos a un concurso musicalizando a Rosalía de Castro. O noso primeiro tema vai por aí, unha musicalización en galego, dun poema en galego. Decidimos darlle continuidade a iso. É unha cuestión de normalidade, nos falamos galego no noso día a día, falamos galego entre nos na maioría dos eidos das nosas vidas, era unha cuestión bastante lóxica e natural tirar por aí. Tamén collemos un momento no que comezaba a haber máis bandas que antano cantando en galego, polo menos no metal extremo, en que xa somos minoría, aínda que cada vez hai máis. É positivo que ultimamente se estean un pouco poñendo máis en boga e en valor as bandas que se animan a facer, e a cantar en galego. Que había xa máis bandas que cantan en galego, e o fan con orgullo e normalidade, iso parécenos moi positivo.

Aquí en Galicia non temos ningún tipo de problema de entendemento, e fora tampouco. Todo o mundo escoita temas en inglés, e a maioría da xente non teñen ni idea do que escoita. Dende o punto de vista de alguén que non é de Galicia, ten un aspecto novidoso. De feito, cando estivemos en Mallorca, atopamos con moito galego emigrante o que lle servía un pouco como unha maneira de chegar a súa terra, a súa nenez, ou a súa familia. E a xente valora que hai un aspecto diferenciado en algúns aspectos, pero en xeral o feito foi moi positivo.

Jacobo: É un valor engadido, hoxe xa é un roio diferente que fai que teña o seu valor propio. Unha cousa curiosa que nos pasou é que cando tocamos en Madrid había na primeira fila dous madrileños que estaban cantando todos os temas connosco, para que vexades. Ao final non é obstáculo ningún

Dani: Nese concerto tocamos coa bandeira galega que adoitamos poñer detrás no ampli, e o grupo madrileño que toco detrás, decidiu, pediu que mantivéramos aí. Dicían: É un honor para nos tocar con iso aí. A realidade final rompe moitos tabús e prexuízos.

Jacobo: Ademais aos galegos téñenos moito cariño. Cando fomos tamén tocar a Euskadi, aí todo mundo, galegos, vamos.

Eso de que hay galegos por todo o mundo é certo…

¿Formáis parte de algún proyecto más en paralelo?

Jacobo: Eu formei durante moitos anos parte de Mileth, outra banda de Vigo de Folk Metal, agora que non estou é unha bandaza tremenda…



A Jacobo lo ‘conocí’ por primera vez como guitarra de Mileth en el Festival de la Luz.

Jacobo: De certo modo molaba porque realmente moitos aspectos é oposto a Dioivo. En Dioivo somos dous, en Mileth éramos oito no escenario e era un pouco ter o mellor dos dous mundos. Ao final entre que teña as dúas bandas, teño a revista da ‘Roucosón’, teño o traballo, pois ao final tiven que deixar unha das dúas bandas porque non me daba para todo. Por sorte Mileth como son moitos membros, de feito tocaron aí pouco en Portugal e xa puideron tocar sen min, era máis necesario en Dioivo, que se marchou eu marcha a metade do grupo. A xente de Mileth son os meus amigos quéroos un montonazo, paréceme unha banda con uns temazos abismais. Xa tiñan os temas escritos antes de que entrara eu, paréceme unha banda das de Vigo ou das que máis me gustan por iso me unín a banda no 2017.

Unas preguntas sobre gustos musicales personales, Dani: ¿un batería de referencia o que influya en tu forma de tocar? Jacobo, lo mismo pero con respecto a la guitarra.

Dani: sempre me sae así de primeiras os bateristas das bandas coas que eu me xa me afeccionei ao rock, e me animaron a tocar a batería. Os típicos: Ian Paice, John Bonham, os típicos. De feito teño algún libro de eles que me regalaron para cando empecei a tocar, para motivarme co novo hobby. Tamén me gusta nomear é Xurxo Valcárcel, o baterista de ‘Supernatural’. Meu pai viaxaba con eles, e facía de mánager moitas veces e empecei a tocar despois de asistir habitualmente aos seus ensaios e gracias a el porque me regalou a súa batería, é o primeiro batería que que me animou, que me incitou, que me fixo entrar o gusanillo cando eu era un neno de oito anos ou menos, é un tipo que evidentemente deixou pegada en min no musical, e logo según te vas adentrando no mundillo do metal máis extremo, te fixas sobre todo para aprender, me ven a cabeza xente como por exemplo o ‘Pete Sandoval’, o baterista de ‘Angra’. Me ven en a cabeza moitos máis pero xa xente así de este estilo.

Jacobo: Eu tamén vou dicir un de fora e outro de aquí. O de fora é o de ‘Vintersorg’, aínda que é unha banda de Black Metal, pois é tamén unha banda cunhas influencias diversas, que mete un montón de cosas como limpas progresivas súper melódicas, creo que é un guitarrista que dentro do ámbito de Black Metal foi súper rompedor, ante todo como compositor,  e porque e ten unha técnica da hostia na guitarra. Creo que é un exemplo moi claro.

De aquí teño que dicir a Nocturno de ‘Xerión, porque é unha banda de Black Metal de Galicia con unha traxectoria espectacular que non lle ten nada que envexar a ningunha de fora, que levo escoitando moitísimo tempo, que ten uns discazos da hostia e que fan uns riffs que che quedan pegados na cabeza todo o día, que iso é realmente o importante, máis que máis que facer aí un solos ultra técnicos. Ademais é un tío experto, moi prolífico, saca varios discos por ano e todos cojonudos, iso xa é un mérito para min como guitarrista é un referente total.

Y para finalizar, el cuestionario rápido de Metal Nostrum que hacemos a todos nuestros invitados y así conocer un poco más sus gustos musicales…

Banda que te gustaba pero ya no:

Dani: Metallica.

Jacobo: Rammstein

Banda sobrevalorada:

Jacobo: sobrevalorado relativo porque realmente oxalá todos os grupos estivesen así de valorados pero non sabería dicir banda sobrevalorada, A ti ocórreche, Dani?

Dani: Metallica

Banda infravalorada:

Jacobo: Calquera de Galicia.

Dani: Xerión. A maioría das bandas que se adoitan mover polos circuítos máis underground, máis profundos que ao ter o alcance tan pouco, tan limitado. Moitas veces ese tipo de bandas no adoitan tampouco saír moito dese nicho, pero se tiveran maior alcance, os recoñecería máis xente,  recibirían maior valoración por parte da escena.

Jacobo: Unhallowed
Banda que amas:
Dani: Dissection.
Jacobo: Genesis

Banda de culto:

Dani: Paso palabra   

Jacobo: Ekkaia, da Coruña

Banda que puedes escuchar una y otra vez:

Jacobo: Vou ser provocador e dicir Bad Bunny.

Dani: Tampouco mintas, que de perrear tamén te cansas. Eu Deep Purple, en plan clásico. O Made in Japan é un disco que escoitas día si e día tamén, ata que te esqueces de que está e logo volves. 

Banda que te hizo enamorarte de la música:

Dani: Dio       

Jacobo: Scorpions

Banda que cambió tu vida:

Dani: Deep Purple.

Jacobo: Ulver

Banda que te sorprendió:

Dani: Herr Container, que os mirei a semana pasada no Tronkobar, non os coñecía, son de aquí de Cangan, me molaron moitísimo.   

Jacobo: Gravesen

Placer culposo, alguna banda o artista que nadie pensaría que te gusta:

Dani: Ortiga, por exemplo. 

Jacobo: Nada é culpable, hai que escoitar de todo, eu creo que é boísimo. Se teño aquí algo culpable de verdade, pois o mellor, visto como anda Sherpa últimamente, Barón Rojo.

 Banda que te faltó ver en vivo y te hubiera gustado:

Jacobo: xusto outro día, fomos ver a Graham Bonnet e tamén nos deu a coñecer a Joe Lynn Turner, pero me falta un vocalista de Rainbow, así que tería que dicir Dio.

Dani: Ía dicir o mesmo, tal cal.

¿Cuál es el disco más imprescindible en tu colección?:

Jacobo: Moitísimos, Genesis, Selling England by the Pound.

Dani: Made in Japan de Deep Purple

¿El mejor disco que has escuchado este año?:

Jacobo: Saíron bastantes bos, pero vou dicir ‘Covenants of Salt’, de Balmog.

Dani: Paso palabra…

Nos despedimos así y desde Metal Nostrum sólo nos queda desearos mucha mierda para esta nueva andadura del grupo y esperamos que disfrutéis de un merecido éxito para este nuevo álbum, ‘Cara os Ceios Incrementes’ Si quieres decir una última cosa este es el momento o como ponerse en contacto con vosotros, este es el momento…

Jacobo: Ó que hai que engadir é un millón de grazas a Metal Nostrum, a Óscar, Alberto, por todo o traballo que facedes. E vemos o sábado, que temos moitísimas ganas de ese bolo. Un millón de grazas polo apoio.

Dani: Unha grande aperta a vos e a todo o grupo. Se alguén quere contactar con nos, pois que nos busquen nas redes sociais, que estamos en todos os lados, e respondemos rapidiño. Moitísimas gracias a todos.

Oscar: Sabéis que hay un aprecio personal hacia vosotros que es grandísimo, personal mío yde la gente que formamos Metal Nostrum, así que deseando llegar el sábado, que va a ser una noche espectacular, y lo vamos a pasar de puta madre. Los mejores deseos para el año que viene también..

Por nuestra parte sólo nos queda pediros que os hagáis seguidores de nuestro canal de YouTube, Metal Nostrum, nos ayudáis a continuar creciendo. Del blog ‘Gritos de la Malladoura’. Cualquier sugerencia a través del mail metalnostrum@gmail.com.

En Twitter: @GritoMalladoura

En FB: @MetalNostrum

En Instagram: metal_nostrum



 

Texto: Alberto Ladero Lorente (Gritos de la Malladoura) & Óscar Rodríguez Martín (Metal Nostrum)

¡SEGUIREMOS GRITANDO: ¡QUE NO PARE LA MÚSICA, QUE NO PARE LA CULTURA!